CIG-Sector Autonómico Sector Autonomica da Federación de Administración Pública da Confederación Intersindical Galega (CIG-Admón.). Xunta de Galiza. http://autonomica.cigadmon.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=frontpage Fri, 18 May 2012 12:41:41 +0000 Joomla! 1.5 - Open Source Content Management gl-es Publicado no DOG da resolución do concruso de traslados persoal laboral V http://autonomica.cigadmon.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=1303:vindeira-publicacion-no-dog-da-resolucion-do-concruso-de-traslados-persoal-laboral-v&catid=5:concursos-de-traslado&Itemid=12 http://autonomica.cigadmon.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=1303:vindeira-publicacion-no-dog-da-resolucion-do-concruso-de-traslados-persoal-laboral-v&catid=5:concursos-de-traslado&Itemid=12 Tal e como avanzábamos o martes, no DOG do 18/05/2012 publicase a orde pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, grupo V.

O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días hábiles se o posto de traballo se atopa na mesma localidade ou dun mes se radica en localidade distinta. O cesamento deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes á publicación no DOG da orde da Consellería de Facenda pola que se abra o prazo para tal efecto.

]]>
boletin.cig@gmail.com (Anxo Anta) frontpage Fri, 18 May 2012 06:08:10 +0000
Comisión de Persoal do 15/05/2012: a Xunta volveu a pasar o rolo velozmente http://autonomica.cigadmon.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=1302:comision-de-persoal-do-15052012-a-xunta-volveu-a-pasar-o-rolo-velozmente&catid=14:mesas-negociacion-e-organos-representacion&Itemid=21 http://autonomica.cigadmon.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=1302:comision-de-persoal-do-15052012-a-xunta-volveu-a-pasar-o-rolo-velozmente&catid=14:mesas-negociacion-e-organos-representacion&Itemid=21 Nesta comisión de persoal votábanse varios asuntos que se caracterizaron pola escasa ou nula vontade negociadora por parte da Administración. De novo, e velozmente, esta volveu a aprobar en solitario (sen apoio de ningunha central sindical) todos estes puntos:

  • Bases da convocatoria da escala técnica de finanzas

  • RPT de Institutos do Territorio

  • Decreto de creación do FOGGA

  • RPT do FOGGA

  • Traballo e Benestar: fusión de centros e modificación da RPT

Ao final da comisión, o director xeral de Función Pública facilitou información sobre procesos selectivos e as instrucións de permisos, vacacións e licenzas.

]]>
boletin.cig@gmail.com (Manuel Benigno e Anxo Anta) frontpage Wed, 16 May 2012 19:15:26 +0000
Comité de benvida da CIG para a conselleira de Paro e Malestar http://autonomica.cigadmon.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=1301:comite-de-benvida-a-beatriz-mato-como-se-merece&catid=18:coruna-ferrol-compostela&Itemid=25 http://autonomica.cigadmon.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=1301:comite-de-benvida-a-beatriz-mato-como-se-merece&catid=18:coruna-ferrol-compostela&Itemid=25 En defensa dos centros públicos galegos de benestar e en protesta polos recortes efectuados desde esta consellaría.

{youtube}HtnVpkxPmyc{/youtube}

Unha veintena de delegados e delegadas da CIG recibiron o mércores, 16 de maio, á entrada do consistorio de Oleiros á conselleira Beatriz Mato. Este recibimento á altura dunha conselleira de Traballo e Benestar que só crea Paro e Malestar puxo o contrapunto ao protocolario acto de benvida do concello.

]]>
boletin.cig@gmail.com (Anxo Anta) frontpage Wed, 16 May 2012 17:59:43 +0000
Presentado conflito colectivo contra a aplicación da Lei de medidas temporais no emprego púbico http://autonomica.cigadmon.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=1298:presentado-conflito-colectivo-contra-a-aplicacion-da-lei-de-medidas-temporais-no-emprego-pubico&catid=16:outras-informacions-e-conflitos-xerais&Itemid=23 http://autonomica.cigadmon.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=1298:presentado-conflito-colectivo-contra-a-aplicacion-da-lei-de-medidas-temporais-no-emprego-pubico&catid=16:outras-informacions-e-conflitos-xerais&Itemid=23 As centrais sindicais CIG, CCOO, UGT e CSIF presentamos o pasado venres perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza conflito colectivo pola aplicación da lei de medidas no Emprego Público xa que vulnera o V Convenio do Persoal Laboral da Xunta de Galiza. Esta mañá demandabamos ademais, en rolda de prensa conxunta que, mentres non se dite sentenza e se resolva a cuestión de constitucionalidade, se suspenda a aplicación da lei.

Este é o maior conflito colectivo presentado nunha administración, porque afecta a 11.000 empregadas e empregados públicos que conforman o persoal laboral da Xunta de Galiza, e porque por extensión, podería repercutir en máis de 90.000 traballadores/as que desenvolven a súa actividade para a administración sumando funcionarios/as da Administración Xeral, docentes e estatutarios.

A ferramenta legal que temos neste momento para defender ao persoal laboral é o conflito colectivo, instrumento que se lles nega aos funcionarios/as polo seu vínculo xurídico de natureza administrativa. De aí que o obxectivo fundamental sexa que se suscite unha cuestión de constitucionalidade que derive na declaración de inconstitucionalidade de varios preceptos da lei e polo tanto que cuestione os obxectivos e mesmo a exposición de motivos da lei de medidas, polo que se debería derrogar na súa totalidade, abranguendo tamén aos funcionarios/as públicos/as.

]]>
minhoca@ciberirmandade.org (Alexandre Prieto) frontpage Tue, 15 May 2012 22:47:38 +0000
Vindeira publicación no DOG da resolución do concruso de traslados persoal laboral V http://autonomica.cigadmon.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=1299:vindeira-publicacion-no-dog-da-resolucion-do-concruso-de-traslados-persoal-laboral-v&catid=5:concursos-de-traslado&Itemid=12 http://autonomica.cigadmon.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=1299:vindeira-publicacion-no-dog-da-resolucion-do-concruso-de-traslados-persoal-laboral-v&catid=5:concursos-de-traslado&Itemid=12 Infórmanos a Administración que o venres, 18 de maio, publicarase no DOG a Orde pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacentes o persoal laboral da Administración Da Xunta de Galicia, grupo V convocado pola Orde do 14 de abril do 2011.

Acceder á consulta sobre concurso de traslados

]]>
boletin.cig@gmail.com (Anxo Anta) frontpage Tue, 15 May 2012 14:28:36 +0000
A CIG solicita información sobre varias encomendas de xestión publicadas por Medio Rural http://autonomica.cigadmon.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=1297:a-cig-solicita-informacion-sobre-varias-encomendas-de-xestion-publicadas-por-medio-rural&catid=16:outras-informacions-e-conflitos-xerais&Itemid=23 http://autonomica.cigadmon.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=1297:a-cig-solicita-informacion-sobre-varias-encomendas-de-xestion-publicadas-por-medio-rural&catid=16:outras-informacions-e-conflitos-xerais&Itemid=23 A Administración ofrécenos como argumento da xustificación dos recortes que non hai cartos e/ou que sobramos empregadas e empregados públicos porque non hai carga de traballo. Porén, continúa facendo uso da figura da encomenda de xestión e tamén das asistencias técnicas. Ante as continuas demandas de información a Administración cala; ante as continuas denuncias, a prensa tamén.

O venres, 11 de maio, publicábanse no DOG 3 encomendas de xestión da extinta consellaría do Medio Rural con Tragasatec para a realización de traballos: 1) técnicos de colaboración coa autoridade de xestión do Programa de Desenvolvemento Rural 2007/2013, 2) de supervisión dos controis nos tres tipos de medidas dentro do Plan galego de controis Feader e 3) de tramitación de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia no ano 2012. Pese a que as 3 encomendas teñen como data de inicio o 1 de xaneiro, aínda son feitas públicas agora. De ningunha se da a coñecer o seu custe económico.

]]>
boletin.cig@gmail.com (Anxo Anta) frontpage Mon, 14 May 2012 19:35:28 +0000
Aberto o prazo de inscrición para as revisións médicas do persoal non docente de centros de ensino http://autonomica.cigadmon.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=1300:aberto-o-prazo-de-inscricion-para-as-revisions-medicas-do-persoal-non-docente-de-centros-de-ensino&catid=10:saude-laboral&Itemid=17 http://autonomica.cigadmon.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=1300:aberto-o-prazo-de-inscricion-para-as-revisions-medicas-do-persoal-non-docente-de-centros-de-ensino&catid=10:saude-laboral&Itemid=17 No DOG do 11/05/2012 publicouse a resolución do 23 de abril de 2012 pola que se dá publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal non docente destinado en centros educativos non universitarios dependentes da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A inscrición farase nos formularios dispoñibles en todas as secretarías dos centros. O prazo rematará o 5 de xuño.

]]>
boletin.cig@gmail.com (Anxo Anta) frontpage Mon, 14 May 2012 14:41:09 +0000
Publicación inminente no DOG do micro Fondo de Acción Social 2011 http://autonomica.cigadmon.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=1294:publicacion-inminente-no-dog-do-micro-fondo-de-accion-social-2011&catid=7:fondo-accion-social&Itemid=14 http://autonomica.cigadmon.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=1294:publicacion-inminente-no-dog-do-micro-fondo-de-accion-social-2011&catid=7:fondo-accion-social&Itemid=14 Segundo nos informan dende Función Pública, o venres 18 de maio está prevista a publicación no DOG. Como xa sabedes, logo do machetazo da Lei de Medidas, só está previsto para o concepto de axudas para persoas con discapacidades, cun límite máximo de 180 €.

O último borrador que temos podédelo descargar aquí.

]]>
boletin.cig@gmail.com (Anxo Anta) frontpage Mon, 14 May 2012 12:56:07 +0000
Marcha desde Cidade da Cultura, símbolo do despilfarro, en defensa dos centros públicos de benestar http://autonomica.cigadmon.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=1296:marcha-desde-cidade-da-cultura-simbolo-do-despilfarro-en-defensa-dos-centros-publicos-de-benestar&catid=16:outras-informacions-e-conflitos-xerais&Itemid=23 http://autonomica.cigadmon.org/sitio2009/index.php?option=com_content&view=article&id=1296:marcha-desde-cidade-da-cultura-simbolo-do-despilfarro-en-defensa-dos-centros-publicos-de-benestar&catid=16:outras-informacions-e-conflitos-xerais&Itemid=23

Traballadoras e traballadores dos centros públicos de Benestar percorreron o pasado venres Compostela, desde a Cidade da Cultura até o edificio administrativo da Xunta de Galiza, en San Caetano, nun longo traxecto polo centro da cidade, en defensa destes servizos. Con esta marcha, convocada polo  Comité Intercentros e os  catro comités provinciais de Traballo e Benestar, exixiron responsabilidades pola política de desmantelamento dos servizos públicos e a amortización de postos de traballo.

O punto de partida da mobilización non foi casual. Os convocantes escolleron a Cidade da Cultura como “máximo símbolo do despilfarro” e remataron na consellaría de Traballo “como máximo símbolo da incompetencia política”.

]]>
boletin.cig@gmail.com (Anxo Anta) frontpage Mon, 14 May 2012 06:01:11 +0000