|
Nacional -
Outras informacións e conflitos xerais
|
|
Xoves, 02 Febreiro 2012 21:29 |
|
Infórmanos o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a través dos medios de comunicación, a toma en consideración dunha serie de medidas dirixidas aos empregados públicos, entre a que destaca pola súa repercusión pública a suspensión do coñecido "Plus de Altos Cargos". A CIG-Autonómica quere deixar constancia de que o Presidente da Xunta non suprime o Plus, senon que só o suspende temporalmente. Inda así, é ben posíbel que o Plus, aprobado por Lei, poida seguir sendo cobrado polos seus beneficiarios mediante resolución xudicial, dependendo en boa medida da vontade dos seus perceptores. Para a CIG que, durante anos, levamos adiante manifestacións, concentracións, denuncias públicas... e rematamos coa presentación no Parlamento dunha Iniciativa Lexislativa Popular que foi rexeitada polo PP e PSOE, non abonda. |
|
Ler máis...
|
|
Nacional -
RPT e estrutura
|
|
Mércores, 01 Febreiro 2012 13:12 |
|
Os órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta afectados por esta modificaciónde RPT son a Secretaría Xeral da Igualdade, a Secretaría Xeral para o Deporte, a Secretaría Xeral da Presidencia, a Asesoría Xurídica Xeral e a Secretaría Xeral de Medios A administración pretende amortizar 14 prazas para crear outras 8, das cales 3 son por sentenza. Desas 14 prazas que amortizan, todas están vacantes menos dúas: |
|
Ler máis...
|
|
Nacional -
Oferta emprego e procesos selectivos
|
|
Martes, 31 Xaneiro 2012 13:42 |
|
Comunícanos o director xeral de Función Pública que en breve terá lugar o sorteo público no que se determinará a orde de actuación dos aspirantes nos procesos selectivos que se deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2012 (sí, liches ben). Esta nova pasaría sen pena nen gloria calquera outro ano pero tendo en conta as medidas anunciadas no Real Decreto Lei de medidas urxentes, resulta un tanto contradictorio. Ben é certo que o director xa nos comentou en reiteradas ocasións a súa preferencia persoal dunha pequena oferta que nada. Non sabemos se o director ten especial interese no negocio das academias ou simplemente en encher páxinas dos xornais. En calquera caso, instámoslle a que aclare a interpretación que vai facer a Administración autonómica do citado decreto no senso da OPE 2012. |
|
|
Nacional -
RPT e estrutura
|
|
Mércores, 01 Febreiro 2012 14:39 |
|
Búscase persoal funcionario do subgrupo A1 para o posto de Subdirector de Coordinación Orzamentaria e Contratación. Valorárase experiencia en orzamentos, contratación e fondos europeos. Requírese boa presencia. Conscientes da dificultade para atopar entre o persoal funcionario da Xunta de Galiza unha persoa con iste perfil, desde aquí brindamos a nosa plataforma para botarlle unha man ao secretario xeral técnico de Medio Rural. Esta retranca vén motivada porque fumos chamados a unha reunión con Medio Rural sen dicirnos a qué nos convocaban e sen achegarnos a documentación pertinente. Cando chegamos alí nos din que é para facer unha modificación exprés da RPT: abrir un posto de subdirector/a á administración local. O máis gracioso foi a motivación: non atopan unha persoa válida do subgrupo A1 na Xunta de Galiza. |
|
Ler máis...
|
|
Nacional -
Outras informacións e conflitos xerais
|
|
Mércores, 01 Febreiro 2012 12:30 |
|
Van quitar 3 días de asuntos propios e acabar co 100 % do soldo en caso de baixa por enfermidade? Se é así, tal e como nos ilumina hoxe o xornal máis subvencionado de Galiza, a pregunta é por que. 
|
|
Ler máis...
|
|
Nacional -
RPT e estrutura
|
|
Martes, 31 Xaneiro 2012 11:55 |
|
O 27 de xaneiro tivo lugar na EGAP outra reunión de fusilamento dos centros públicos de Benestar, con novas amortizacións a maiores das xa propostas. Mentres a reunión tiña lugar, ás portas xuntáronse máis de 200 persoas e os catro sindicatos presentes na Mesa Xeral de negociación en sinal de protesta.
Por parte da consellería houbo unha evidente falta de respecto ao cambiar primeiro de data de reunión e despois, cando se enteraron de que había unha concentración prevista para protestar polas amortizacións que se están a producir de lugar. Acordamos entre as catro centrais sindicais que entrariamos a reunión, pero que si non garantían a continuidade do Centro de Menores de Montealegre como centro público con persoal da Xunta de Galiza, nos levantaríamos e nos marchamos da reunión. Por desgraza, tivémonos que levantar xa que, ademais de non garantir a continuidade do dito centro, propuxeron amortizacións adicionais.
|
|
Ler máis...
|
|